Encuentros
>
>

VigoJUG - Native Cloud microservices con Micronaut e Kubernetes sobre AWS

Wednesday 22 May 2019, 19:15 - 20:15

Casa Galega da Cultura, Vigo, España

Esta vez vamos ver da man de Daniel Rodríguez (programador en Optare Solutions), como crear microservizos con Micronaut e con tests unitarios usando Spock. Utilizaremos Micronaut xa que é un framework relativamente novo e enfocado en microserivizos na nube ou "Cloud-Native". Esta parte será medio teoría e medio código en vivo, xa que se crearán os microservizos durante a mesma charla. Unha vez rematemos o desenrolo configuraremos un entorno de integración e entrega contínua con Jenkins. Ó igual que na primeira parte, teremos algo de código en vivo, xa que o configuraremos alí mesmo. Despóis publicaremos os nosos microservizos en AWS sobre un cluster de Kubernetes e veremos coma acceder a eles. O cluster xa o levamos preparado pero veremos tamén como fixemos para montalo con kops (Kubernetes Operations). Tamén veremos como podemos obter información do fluxo que siguen as peticións que cheguen os nosos microservizos con Zipkin (Distributed tracing). Esto é un problema común neste tipo de arquitecturas que complica moito o debugueo ou a resolución de incidencias. Será unha hora onde veremos/usaremos Java/Groovy, Micronaut, Spock, Gradle, Jenkins, Docker, AWS e Kubernetes pero soamente para ter unha idea de que é eso dos microservizos na nube, como é un fluxo "habitual" nestas arquitecturas e algúns dos problemas que presentan. O meetup farase na Casa Galega da Cultura (¡gracias!) as 19:15 o Mércores 22 de Maio. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 60 minutos, ademais das preguntas e o Kahoot no que nos xogaremos unha licencia de Jetbrains (~499 €.. ¡gracias!). O rematar, e como marca a tradición, tomaremos uns refrescos (patrocinados por Optare Solutions, ¡gracias!) nalgún local da zona para relaxarnos un pouco e coñecernos mellor. ¡Non sexas tímida/o, anímate e ven a pasar un bo rato con nos!

Más información

Publicado por: Betabeers