Encuentros
>
>

JavaScript Vigo - Angular. Del Front al Back

Tuesday 18 June 2019, 19:15 - 20:15

Rúa de García Barbón, 5, Vigo, España

Esta vez faremos un evento en colaboración co grupo VigoJUG (¡grazas!) no que Roberto González, vainos por ó día en Angular, un dos frameworks máis coñecidos e usados de Javascript para a web. Tamén nos vai contar como resolver o aínda máis coñecido problema de optimización para buscadores de páxinas feitas con este framework, entre outras cousas! Roberto leva máis de 15 anos facendo de todo, dende pelar cables ata sistemas en tempo real con millóns de transaccións. Actualmente traballa en Agora Binaria axudando as empresas a desenrolar seus proxectos con múltiples tecnoloxías. A charla está descrita por el mesmo como "Un pequeño viaje para ver cómo se monta y todo lo que aporta Angular en la parte Front (formularios, internacionalización, testing, …). Y por último que es lo que aporta Angular en la parte Back para temas de SEO, optimización, sistemas con alta concurrencia..." O meetup farase na Biblioteca da EMAO (¡grazas!) o martes 18 de xuño as 19:15h. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 60 minutos, ademais das preguntas e o Kahoot no que nos xogaremos unha licencia de Jetbrains (~499 €.. ¡grazas!). O rematar, e como marca a tradición, tomaremos uns refrescos (patrocinados por Optare Solutions, ¡gracias!) nalgún local da zona para relaxarnos un pouco e coñecernos mellor. Roberto vaise pegar a viaxe dende Arteixo só para nos, así que non sexas tímida/o, anímate e vente a pasar un bo rato con nos! Para poder anotarse é preciso facelo no meetup de VigoJUG:https://www.meetup.com/es-ES/VigoJUG/events/262214041

Más información

Publicado por: Betabeers