Encuentros
>
>

I Concurso FaiteDixit@l! de Aplicacións Móbiles

Friday 28 November 2014, 00:00 - 23:45

AMTEGA, Santiago de Compostela, España


¿Tes unha idea innovadora para desenvolver unha aplicación para móbiles? Entón, este é o teu espazo! Participa no noso I Concurso FaiteDixit@l! de Aplicacións Móbiles.

Poderán participar neste concurso todas as persoas físicas maiores de 18 anos, e autónomos, en ambos casos persoas galegas ou con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e que deseñasen e desenvolvesen unha aplicación para o seu uso en smartphone programada en linguaxe Android, que facilite servizos nos seguintes ámbitos:
- Educativo, mediante unha aplicación que sirva para fomentar a aprendizaxe de calquera ámbito;
- Social, mediante unha aplicación orientada a ofrecer un beneficio á sociedade, axudando á comunidade no seu conxunto, ou a un colectivo en risco de exclusión en particular, a solucionar problemas de índole social;
- Cultural, de lecer, deporte ou turismo, mediante unha aplicación relacionada coa difusión de actuacións nestes ámbitos.

No caso de presentar ao concurso aplicacións xa existentes con anterioridade á data desta convocatoria, a súa antigüidade non poderá ser superior a un ano.

Le atentamente as bases de participación. Descárgaas aquí

Para participar no Concurso, deberás presentar a túa candidatura entre o 15 de outubro e o 28 de novembro de 2014.

Más información

Publicado por: Juan Diego Pereiro Areán