CoruñaJUG - Integración continua de cero a cen con Jenkins Pipelines
Thursday 28 February 2019, 19:00 - 20:00
Av. Gramela, 17, A Coruña, España
Volvemos cunha charla moi especial da man de un dos habituais no panorama tecnolóxico galego: Eloy Coto (@eloycoto) é contribuidor de varios proxectos opensource (Cilium, Kamailio) e virá a falarnos do que está a facer con Jenkins, o aplicativo de Integración Continua máis popular e que fai un uso extensivo de Java e Groovy e de como configuralo e usalo para que os workflows de Continuous Integration sexan mais eficientes. Esta charla será unha boa oportunidade para introducirse a Integración Continua e Jenkins. En especial, cas novas versións que inclúen as Pipelines. Se non estás facendo Integración Continua ou aínda estás creando jobs a man en Jenkins.. non te podes perder estar charla. A charla en Vigo foi un exitazo, aquí tedes algunhas fotos e comentarios: https://www.meetup.com/VigoJUG/events/251637201/ A presentación da charla da man de Eloy:----Jenkins é outra ferramenta para facer Continuous Integration. O obxectivo da charla é explicar como escribir mellores Pipelines, como ter versionado a configuración de workflows e como xestionar o día a día neste servizo: A charla consistira en: - Que é a Continuous Integration- Que é Jenkins e para que sirve- Pipelines e Declarative Pipelines.- JobDSL- Reporting- Scaling- Must Plugins A charla irá dende a iniciación a Jenkins ata o escalado de servidores para grandes equipos.---- O meetup farase no Centro Ágora, aula 9, as 19:00 o xoves 28 de Febreiro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 90 minutos. O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos patrocinados por Optare Solutions no bar do lado para charlar un rato, relaxarnos un pouco e coñecernos mellor. ¡Anímate!
Publicado por: Betabeers