Encuentros
>
>

CoruñaJUG - Developer Vago: mastering git (¡no Centro Agora as 19:00!)

Thursday 24 January 2019, 19:00 - 20:00

Av. Gramela, 17, A Coruña, España

En Decembro eran moi malas datas, en Xaneiro fallounos o poñente... así que derrapando un pouco, convocamos o primeiro Developer Vago na Coruña. Developer Vago é un nome importado do grupo de usuarios sevillano e que tivo moito éxito nesa cidade primeiro e no JUG de Vigo despois. A idea é facer unha charla-formación sobre un tema xenérico pero importante, neste caso, control de versións con git. Será unha sesión onde se explicarán os conceptos claves dende o principio, para ir avanzando a temas máis complexos e boas prácticas.Haberá slides e tamén programación en vivo. Entre outras cousas veremos: - Traballar con varios repositorios "remotes"- Resolver conflitos- Facer unha Pull Request- Rebase interactivo (moi importante!)- Stash Pois si, as típicas cousas que te poden preguntar nunha entrevista de traballo ;-) ¿Tes algún truco máis?. O rematar a sesión, haberá opción de facer charlas cortas (5 min.) para que o podas compartir cos demáis. E por suposto, o Kahoot no que nos xogaremos unha licencia de JetBrains (645€). ¡Atención! O meetup farase no Centro Ágora, aula 9, as 19:00 o xoves 24 de Xaneiro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 90 minutos, O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos patrocinados por Optare Solutions no bar do lado para charlar un rato, relaxarnos un pouco e coñecernos mellor. ¡Anímate!

More information

Published by: Betabeers